Bluscus.es, cultura mariñeira

Turismo mariñeiro, sacado por Pablo e Jacobo, e acelerado como proxecto empresarial de éxito en toda Galicia

Bluscus.es iníciase no ano 2015 cando os seus promotores, Pablo e Jacobo, ven un nicho de mercado en Galicia onde ninguén estaba: o turismo mariñeiro. Empezaron a a desenvolver o proxecto e está iniciativa foi seleccionada por unha aceleradora para darlle pulo e viabilidade.

O proxecto basease en acercar o mar e a gastronomía da mao, nun lugar tan especial como Galicia. Así, este proxecto percorre completamente a nosa comunidade. Non só as suas costas, senón tamén o interior está cuberto por está empresa

A oferta de Bluscus.es cubre paseos en barco, veleiros e por terra, todo mesturado con visitas a adegas e coa opción de rutas gastronómicas e actividades de marisqueo

Tamén fan presentacións a empresas ou viaxes de incentivos. Unha das actividades que tamén realizan son os festivais, como o de “Agosto na Ría”, onde durante oito días outras tantas bandas deleitaron aos participantes a bordo dunha goleta, cunha selección de viños e mariscos. Catro horas nas que poder ver o atardecer das Illas Cíes e da ría de Vigo.

En Lugo

Pero a súa presenza, tamén chega o norte de Lugo, onde están en toda a costa: onde podemos descubrir a costa mariñá, onde podemos facer un paseo en barco polas catedrais ou coñecer os oficios mariñeiros en burela ou os secretos da Ribeira Sacra. Para máis información, entra en www.bluscus.es.